Lemoito é unha vila.
No val de Lepouco está Lemoito, xusto no medio do camiño entre Lerasveces e Leracotío.
"Soños de andel" Susana Lamela.(escritora, compañeira e sobre todo, amiga).
Así comeza un dos libros máis fermosos e entrañables que teño lido."Soños de andel", conta a historia dun libro,"Ani", que pasa os días moi triste na biblioteca porque ninguén o quere levar para a casa. A autora relata este conto cunha asombrosa imaxinación, na que as palabras parecen xurdir da súa pluma coma por arte de máxia entrelazando metáforas e símiles cunha incomparable estratexia literaria.
A continuación cito un dos meus pasaxes favoritos: " En vez de tomar un almorzo de vogais con leite e marmelada, de comer un guiso de consoantes maiúsculas con tinta azul ou de merendar doces biscoitos con simpáticas sílabas de cores de adorno, o que Ani ía facer era comer ensaladas de números e de signos matemáticos. A sopa de letras tampouco estaba mal, pero sabía moito mellor cunha torrada de maiúsculas de amorodos".
Susana Lamela Pérez naceu en Ponteareas en 1975. Estudou Maxisterio e Psicopedagoxía en Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional como editora de libros de texto. Na actualidade dedícase ás tres cousas que máis lle gustan: ensinar aos nenos, escribir e coñecer novos lugares. "Soños de andel" é o primeiro libro que publica e ante a grande acollida que tivo entre os cativos e os non tan cativos, xa desvelou que haberá unha segunda parte.
Podedes contactar coa autora a través do seu blog, (http://andeis.blogspot.com/) no que entre outras cousas, publica as visitas aos coles nos que presentou o seu libro. Animade aos nenos/as e animádevos vos mesmos/as a ler esta entrañable historia e a coñecer en persoa a esta extraordinaria escritora. http://www.vigometropolitano.com/news/168/ARTICLE/15361/2009-04-04.html
Ohhhhhhhhhhh :-)
ReplyDeleteQuedei sen palabras.
Moitas grazas Lu!!!!!!
Biquiños de andel
Moitas veces, andeliña! ;-)
ReplyDelete