Wednesday, November 25, 2009

PARABÉNS, COMPAÑEIROS DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS!



O C.E.I.P. Nosa Sra. Dos Remedios de Ponteareas quere reunir a tódalas persoas que estean interesadas en pasar unha velada de irmandade e de lembranza dos vellos tempos, para festexar o seu 40º aniversario.

 
Por iso, queren facer un chamamento a aqueles exmestre/as e outras persoas que tivesen relación co centro, para que se poñan en contacto co centro, xa que dalgúns deles carecen dos datos actuais para facerlles chegar a invitación.

 
Esta velada de irmandade consistiría nun acto de celebración no “Castelo de Sobroso” o vindeiro venres 18 de decembro e unha posterior cea-baile no restaurante “El Otro Mundo del Tea”.

Contarán ademáis coa actuación do “Obradoiro Vocal A Vila” do que algúns compoñentes formaron parte do antigo coro infantil que existía no colexio.

 
Eles tamén convocan a todas as persoas que cantaron neste coro durante a súa etapa de escolaridade, xa que queren volver unir as súas voces para este acto.

Por cuestións de organización, preganlle que confirmen a sua asistencia no tlfno: 986 640 740 ou no correo e-:ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es. O prazo remata o 10 de decembro.

“Vinde celebrar con nós estes 40 anos educando aos nosos nenos, xa que grazas a todos e cada un de vós, o noso colexio é un verdadeiro Nº1!!!”